lunes, 7 de noviembre de 2011

A Rapa das Bestas. Festa ou barbaridade?

A Rapa das Bestas é unha festa celebrada entre maio e agosto(depende de que localidade se celebre) e consiste no corte das crines aos cabalos, pero en si mesma é unha actividade máis complexa que inclúe tamén a clasificación e o mercado do gando.
 Estas actividades execútanse en lugares chamados "curros" nos que os cabalos salvaxes son os protagonistas principais. Un curro é un lugar ao aire libre e cercado onde se encerra o gando que se cría libremente no monte para proceder á súa clasificación, marca e corte de crines.
Na madrugada da celebración, do curro báixanse das montañas as mandas de cabalos salvaxes que viviron libremente na paisaxe. Acósanos e acorrálannos até lograr que todo o gando dos montes encamíñese cara ao curro. E desde agora empeza o labor máis "espectacular". Iníciase o corte das crines. O máis famoso dos curros galegos celébrase en Sabucedo, preto da Estrada, na rexión de Pontevedra. É un espectáculo "impresionante" porque os homes suxeitan ao cabalo só coas suas propias mans, sen outra axuda, para cortarlles as crines.
Aqui deixo varias fotografías desta festa:
Aqui estan marcando a un exemplar
Tratando de suxeitar a un exemplar.


A vós esta vos parece unha festa digna de admiración para a cultura galega? porque a mín e unha festa que me chama moito a atención e me produce un completo desprezo polas persoas que participan nela.
E unha crueldade para os animais, que vivían tranquilamente en liberdade ata o día da festa, non os podian deixar tranquilos? Non, eles prefiren asustalos, mancalos e despois marcalos para comerciar con eles despois.
Ademais, os homes e mulleres que o fan, casi son considerados como heroes, por ser capaces de conter os cabalos salvaxes só coas suas propias mans, pero eu non creo iso, simplemente creo que os salvaxes aqui, somos nós.

2 comentarios:

  1. Estou moi de acordo contigo!!! Paréceme moi mal que collan a cabalos que viven en liberdade sen darlle conta a ninguén e logo lles fagan iso! Habería que collelos a eles e cortarlles outra cousa!!
    en fin!! Estas "celebracións" parecen pouco máis que do baixo medievo ..

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén estou de acordo convosco!Cónsidero que estas praticas:A rapa,A corrida,O porco voladór,A matanza tradicional(Lalín) e outras "tradicións"deberían ser de interés psiquiatrico e non turistico! Para no falar do abandono e maltrato dos animais(selvaxe e mascotas).Moita razón Elda:"courtarlles outra cousa"!!
    nb:aínda eu non son de Galiza, estais convidados a ver o meu Blog (veoveo: Festa en A Xesta).
    Sorte a todas

    ResponderEliminar