miércoles, 30 de noviembre de 2011

Costumes á hora de comer.

O outro día fun a unha comida con uns vellos amigos mios, que casualmente eran romanos. Durante a cena chamáronme a atencion moitas costumes que tiñan eles, e que eu descoñecia.
Primeiramente, chevaronme a unha habitación especial, á que eles chamaron triclínium.
Impresionoume que coa obsesión que hai hoxe por comer sano, para eles o valor nutricional non era considerado importante: ao contrario, os gourmets preferían a comida con baixo contido de enerxía e nutrientes. A comida que se pode dixerir fácilmente e los estimulantes diuréticos teñen gran importancia para eles, explicaronme.

Durante a cena utilizaron roupa sencilla, que vergoña pasei, pois eu me habia vestido de gala.
Cando entramos na habitacion, ao redor da mesa habia 3 sillons especialmente diseñanos, me dixeron que eles o chamaban o lectus triclinaris, e que neles se recostaban as persoas. Estaban dispostos nun semicirculo perfecto, con unha pequeña distancia para que puideran pasar entre eles os "camareiros" e servir facilmente a comida. Eu como invitado adicional, non puiden usar estos sillons, senon que tiven que sentarme nunha silla adicional, que pena, parecian tan comodos.. Aínda que eso de que os pes sairan por fora do sillón si qu non parecia moi comodo.
Ah! admemais había máis mesas para as bebidas aos lados dos sillons. 
Antes de que srviran a comida, eu fun a lavarme as mans, pero tamen fixeron lavarme os pes, acaso vou comer con os pes? cada vez estaba mais sorprendida..
Xa durante a comida, eles tomaban os alimentos con as puntas dos dedos e dous tipos de cucharas, non habia tenedores!
Cando terminamos de comer, os mus amigos comezaron a tirar os restos da comida ao chan, para que os "camareros" o barresen.. que guarros e poco considerados!

martes, 29 de noviembre de 2011

O rapto das Sabinas.

A proposito de que vos acabo de contar a fundación de Roma, os deixo aquí o "episodio" seguinte, o apto das Sabinas:


Os primeiros habitantes de Roma eran todos homes. Por iso, Rómulo organizou unhas probas deportivas ás que convidou á poboación veciña de Sabina. Aproveitou esta ocasión para raptar ás mulleres -coñecido o feito como o rapto das sabinas- e os homes desta cidade decidiron rescatalas, provocando ás sabinas un dilema: se morrían os sabinos, morrían os seus pais e irmáns, pero se morrían os romanos, morrían os seus maridos e fillos. Finalmente, Rómulo pactou co rei sabino Perico Tacio unha diarquía até a morte deste último. Rómulo quedou como único rei.

Lenda da fundacion de Roma.

Logo da Guerra de Troia, Eneas, un príncipe troyano que sobreviviu á destrución da súa cidade, refuxiouse coa súa familia na chaira do Lacio. Algúns anos despois o seu fillo, Ascanio, fundou a cidade de Alba Longa.
Catro séculos máis tarde, uns dos reis de Alba Longa, Numitor, foi destronado polo seu irmán menor Amulio. Para garantir a súa seguridade, o usurpador matou a todos os fillos homes do seu irmán e obrigou á súa sobriña, Rhea Silvia, a facerse sacerdotisa. Pero o deus Marte fíxoa nai dos xemelgos Romulo e Remo. Amulio, enfurecido, ordenou que os nenos fosen arroxados ás augas do Río Tiber. Pero a canastra na que foran depositados quedou varada na beira e unha loba atopou aos irmáns e aleitounos. Máis tarde foron recollidos polo matrimonio de pastores Fáustulo e Aca Larentia.


Estes, xa de maiores, cando coñeceron a súa orixe, provocaron unha revolta e quitaron ao usurpador Amulio do trono pondo no seu lugar ao seu avó Numitor. Os irmáns deciden irse a outras lareiras a fundar unha nova cidade. Mentres Remo quería construír a cidade no monte avenino Rómulo quería que fose no monte palantino (a uns 800 metros ao norte), así que deciden consultar aos deuses e pola noite subíronse a cada un dos montes a esperar un sinal divino. Remo vió pasar a 6 aguias pero Rómulo veu 12. E a partir de aquí os historiadores teñen varias versións.
Version 1: Remo dixo que aínda que só habia visto 6 aves as súas habian pasado primeiro e el era o gañador. Claro, o seu irmán non estaba de acordo, discutiron e Rómulo matou a Remo. Entón empezou a construír as murallas da cidade no monte palantino, sobre a que ía gobernar e que na súa honra chamou Roma.
Version 2: Remo acepta (aínda que a desgana), seguindo unha tradición etrusca collen dúas bueyes brancos con arado e escavan un asuco sobre o cal construíron as murallas da cidade xurando matar a quenquera que as cruzase. Remo, algo encabuxado pola derrota, dixo que eran fráxiles e derrubou un anaco dun puntapié e Rómulo, fiel á promesa, matoulle.
Version 3:Remo acepta, Rómulo marca cun arado conducido por un boi branco os límites da cidade xurando matar a quen os atravesase. Remo desafia ao seu irmán cruzando os límites e Rómulo mátao.

E velaquí a historia de Rómulo e Remo con respecto á fundación de Roma. Por suposto todo o que se conta foi unha invención dos primeiros romanos para dar á creación de Roma unha tinguidura máis 'importante'. Os romanos sempre se sentiron atraidos cara á cultura grega, de feito colleron gran parte dos seus deuses, e quixeron vincular a fundación da súa cidade ao feito máis importante dos gregos, a conquista de Troia. 

lunes, 7 de noviembre de 2011

A Rapa das Bestas. Festa ou barbaridade?

A Rapa das Bestas é unha festa celebrada entre maio e agosto(depende de que localidade se celebre) e consiste no corte das crines aos cabalos, pero en si mesma é unha actividade máis complexa que inclúe tamén a clasificación e o mercado do gando.
 Estas actividades execútanse en lugares chamados "curros" nos que os cabalos salvaxes son os protagonistas principais. Un curro é un lugar ao aire libre e cercado onde se encerra o gando que se cría libremente no monte para proceder á súa clasificación, marca e corte de crines.
Na madrugada da celebración, do curro báixanse das montañas as mandas de cabalos salvaxes que viviron libremente na paisaxe. Acósanos e acorrálannos até lograr que todo o gando dos montes encamíñese cara ao curro. E desde agora empeza o labor máis "espectacular". Iníciase o corte das crines. O máis famoso dos curros galegos celébrase en Sabucedo, preto da Estrada, na rexión de Pontevedra. É un espectáculo "impresionante" porque os homes suxeitan ao cabalo só coas suas propias mans, sen outra axuda, para cortarlles as crines.
Aqui deixo varias fotografías desta festa:
Aqui estan marcando a un exemplar
Tratando de suxeitar a un exemplar.


A vós esta vos parece unha festa digna de admiración para a cultura galega? porque a mín e unha festa que me chama moito a atención e me produce un completo desprezo polas persoas que participan nela.
E unha crueldade para os animais, que vivían tranquilamente en liberdade ata o día da festa, non os podian deixar tranquilos? Non, eles prefiren asustalos, mancalos e despois marcalos para comerciar con eles despois.
Ademais, os homes e mulleres que o fan, casi son considerados como heroes, por ser capaces de conter os cabalos salvaxes só coas suas propias mans, pero eu non creo iso, simplemente creo que os salvaxes aqui, somos nós.

Fogueiras de San Xoán en Galicia

Dise que nesa noite máxica comunícanse o mundo de máis ala con o real. É o momento de espantar ós malos espíritos: En San Xoán meigas e bruxas fuxirán.
En toda Galicia celébrase dende tempos inmemoriables o San Xoán, ligado a ritos de fertilidade e purificación. Toda Galicia arde esa noite. Levántense fogueiras en cada casa, cada parroquia e cada barrio. A vista dende o aire é de miles de diminutos puntos repartidos por todo o territorio.
As fogueiras encéndense chegado o día 24 (pasada a media noite). Se lle atribúe protección e boa sorte ao feito de saltar 9 veces unha fogueira esa noite (segundo as pobacións ese número varía)
É importante mencionar as fogueiras na Illa de Arousa, que cada ano en este solsticio encéndense máis de 50 fogueiras no lugar, cun ambiente festivo, as preciosas praias de area branca chéanse de xente á alaranxada luz do lume.
Pola noite recóllense plantas aromáticas de varias clases que se deixan en auga para lavarse a mañá seguinte; atribúenselle propiedades terapéuticas e limpadoras. Facer debuxos ou manchas esa noite tamén tiña un carácter clarividente, e tamén nese sentido, deitarse cun feixe de herbas de San Xoán facía que ao día espertarse soubésese a identidade da futura parella.
Ademais, na cidade da Coruña, a festa logrou o mérito de ser considerada como Festa de Interese Turístico Nacional. A cidade enteira sae á rúa a festexar a súa noite máis máxica, podendo atopar fogueiras en todos os barrios da Coruña, sendo de especial relevancia a gran concentración de xente nas praias de Riazor e Orzán, en pleno corazón da cidade. Os coruñeses celebran a chegada do verán con multitude de fogueiras, sardiñadas e bo ambiente nunha festa que cada ano atrae un maior número de turistas, principalmente nacionais, que ven atraídos por esta atmosfera festiva, polas verbenas e os fogos artificiais que se lanzan desde a chaira das Escravas.
A comida típica desa tarde-noite son os cachelos (patacas asadas coa súa pel, que se retira logo) e as sardiñas asadas. A bebida típica é a "Queimada", poción máxica de augardente con froitas e moito azucre que se queima nunha marmita e recítase un feitizo durante a preparación.



sábado, 5 de noviembre de 2011

A Raíña Loba.

Contan que, na provincia de Ourense, viviu unha poderosa muller, tan cruel e soberbia, que era chamada polos campesiños do seu señorio "a Raíña Loba".
Para a súa manuntención e as dos seus achegados (tan despadiados como ela mesma), obligaba aos seus súbditos a entregarlle, cada día, unha vaca, un porco e unha carreta chea de outros alimentos .
As familias campesiñas turnábanse nesta entrega por medo ós servidores da Loba, que arrasaban e incendiaban as casas e as cosechas, e asasinaban a todos os habitantes das aldeas nas que algunha familia se negara a entregar o que se reclamaba.
A comarca enteira vivía neste clima de terror cando lle tocou o turno de entregar os alimentos o pobo de Figueirós. Os seus veciños reuníronse en asamblea e decidiron non pagar un tributo ós que lles arruinaban.
Pero decir "non pagaremos" non era suficiente, porque a raíña madaría contra eles os seus secuaces, e os veciños serían perseguidos e posteriormente, estarían mortos.
Decidiron que si tiñan que morrer de fame ou a mans dos sicarios da Loba, o mellor sería morrer combatendo contra ela, asi que se armaron o mellor que puideron. Fixeron lanzas e xabalinas, arcos e frechas, tomaron pedras e garrotes e na oscuridade da noite, puxéronse en marcha hacia o castelo da malvada muller.
A Loba e os seus secuaces dormían, confiados no terror que infundían na comarca.
Sixilosamente, os veciños de Figueirós, treparon murallas e abriron portas, sorprendendo aos sicaros da Loba.
Un breve, pero encarnizado combate, deu a victoria aos lugareños, que se lanzaron escaleiras arriba en busca da súa opresora.
A Loba se había refuxiado na torre máis alta, pero ninguna porta era o bastante segura para resistir aos decididos asaltantes.
Cando viu caer a súa última defensa ante o empuxe dos seus inimigos, e non querendo someterse a quenes ela consideraba os seus esclavos, a Loba correu hacia a ventá e se arroxou ao vacío, morrendo destrozada sobre as rochas.
Coa súa morete, acabou o terror na comarca, que sen embargo recordaron durante séculos, en romances e cancións, como por exemplo:
Mataste a reina Loba,
pueblo de Figueirós, 
mataste a reina Loba,
fidalgo quedaste vos.

martes, 1 de noviembre de 2011

A trabe de ouro e a trabe de alcatrán

Na parroquia de Vilariño, en terras do Pereiro de Aguiar, existe unha rede de pasadizos subterráneos que unen os restos do monte dun castro coas ruinas dun castelo.
Conta a lenda que estes túneles están habitados por un "mouro" ou trasno que agocha alí un tesouro inmenso, rico en pedras preciosas e xoias de ouro, que ten tentado a  moitos a procurar a entrada ós pasadizos. Sen embargo, a lenda advirte ás xentes da existencia de dúas trabes que sustentan todo o conxunto de túneles e cuxa disposición constitúe unha trampa para aqueles ousados que vaian na busca do tesouro.
Nos arredores houbo un mozo que tentou chegar ás riquezas que estas covas gardaban e que contou ós veciños como conseguiu atopar a entrada ós pasadizos. Despois de camiñar un anaco por eles atopou unha sala sustentada por unha gran trabe de ouro e outra escura, que segundo lle pareceu estaba feita de alcatrán. O enorme valor da trabe de ouro cegou o bo sentido do mozo, que axiña tentou tirala para fóra do seu lugar e levala consigo, sen decatarse de que cando comezou a tirar por ela accionou un resorte preparado polo "mouro" que fixo que o lume prendese na veciña trabe de alcatrán.
As lumaradas foron tais no interior da cova que o mozo só conseguiu saír dos pasadizos logo de arrastrarse polo chan, seguindo unha corda que levaba á cintura e que deixara atada fóra nun penedo.
Pouco antes de que a trabe de alcatrán que sustentaba o teito dos pasadizos fose consumida polas chamas e a cova comezase a dderrumbarse, o mozo lograra saír para o exterior. Sen embargo, para él todo semellaba aínda o interior do máis escuro dos túneles, decatándose de que o lume da trabe de alcatrán que ardera tan próxima a el o deixara cego.
Aínda que feitos como este disuadiron a moitos de procurar a fortuna do tesouro, algúns dos máis maiores do lugar aínda confesan que de mozos pasaron días escavando e tentando atopar a entrada ás covas.
No mesmo sitio no que se conta esta lenda foron atopados restos dun castro e dunha importante inscripción que rezaba unha breve lenda: "sicenata percata", e que algúns teñen interpretado como conmemorativa da victoria romana do castro do Medulio, suxerindo a algúns o seu emprazamento na zona.

lunes, 31 de octubre de 2011

Lenda da Iglesia de Hermunde - Pol (Lugo)

Conta a lenda que o señor que mandou construir esta iglesia tiña unha filla xoven e de moita beleza. Desa filla enamorouse un dos albañiles que traballaban para o seu pai construíndo a iglesia, amor que que era correspondido. Pero o pai opoñíase a este amor, obligando á sua filla a casarse con outro home. 
Dise que o día da boda o seu albañil chorou tanto, que coas súas bágoas fixo brotar un loureiro no barro co que se asentaban as pedras do tellado.
Esta iglesia xa ten máis de 100 anos e o loureiro(de un metro aproximadamente) se segue conservando no seu tellado.
De esta lenda pode vir a tradición que hay nesta zona de Lugo de que cando se constrúe unha nova casa se poña un laurel no tellado.