lunes, 31 de octubre de 2011

Lenda da Iglesia de Hermunde - Pol (Lugo)

Conta a lenda que o señor que mandou construir esta iglesia tiña unha filla xoven e de moita beleza. Desa filla enamorouse un dos albañiles que traballaban para o seu pai construíndo a iglesia, amor que que era correspondido. Pero o pai opoñíase a este amor, obligando á sua filla a casarse con outro home. 
Dise que o día da boda o seu albañil chorou tanto, que coas súas bágoas fixo brotar un loureiro no barro co que se asentaban as pedras do tellado.
Esta iglesia xa ten máis de 100 anos e o loureiro(de un metro aproximadamente) se segue conservando no seu tellado.
De esta lenda pode vir a tradición que hay nesta zona de Lugo de que cando se constrúe unha nova casa se poña un laurel no tellado.