lunes, 9 de enero de 2012

Discurso de partida:

Bos días querido pobo! os reúno aqui a estas horas da mañá porque teño unha mala noticia que darvos..
Sei que xa vos habedes dado conta de que os Hunos se han acercado moito nas ultimas semanas as nosas terras.. pois ben, onte, ás ultimas horas da noite, recibimos unha carta deles, dice asi:

Os avisamos de que tedes tres dias antes de que ataquemos as vosas terras e os invadamos. Tedes dúas opcions: ou ben pelexar en vano, arriesgando as vidas da xente que vos importa ou ben marchar a outras terras, rendindovos de forma pacífica. Tedes 3 dias, pensadeo ben.


Nós, estivemos reunidos toda a noite e hemos chegado a unha conclusion: marcharemonos. Hai unhas terras no noroeste de Hispania, onde vive xente moi pacifica, nos dirixiremos hacia ali. Tedes 1 hora para recoller todas as vosas cousas destas terras que agora pertencen aos Hunos.. Os que queran, por suposto poderan quedarse, pero só poñeran a vida das suas familias en perigo, e loitaran en vano, pois os Hunos xa han expulsado a todos os pobos barbaros desta zona.. ninguen a podido con eles! Asique agora a decision é vosa.

Martiño de Dumio

Bueno, non sei se o sabiades, pero hubo un home chamado Martiño de Dumio, que foi un bispo de Dumio e Braga, ademais de un personaxe moi destacado da época de Reino Suevo.
Martiño chegou da terra santa no 550, e intentou quitar as costumes priscilianistas que estaban moi arraigadas na cultura dos habitantes da Galicia sueva e impoñer a que el creia que era a relixión verdadeira, a relixión cristiá.
Calificou aos prisciliniastas de adoradores do demo e como non puido acabar con moitas das suas costumes, intentou facelas suas, aínda que non tivo moito éxito.
O que quero dicir con isto, e que aínda que Martiño tivera outras crenzas diferentes ás arraigadas na nosa terra naqueles tempos, poderia haber intentado ensinar a sua relixión pero  sen dañar as outras relixións da zona. Esta ben que haxa diversidade de relixións nunha mesma zona, pero o máis importante e que haxa tolerancia entre elas, que ninguna intente ser a suprema e a verdadeira, se ben e certo que cando conviven varias relixións, unha sera inevitablemente a maioritaria, pero por iso non debe someter as outras.

Aqui os deixo un link dun video onde os explica con moita claridade a labor de Martiño nas nosas terras:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=lyCpqYPaKc4

domingo, 8 de enero de 2012

A "mudanza" dos Suevos.

¿Porque viñeron aquí os Suevos?
Creo que é unha pregunta bastante interesante, posto que, se ti vives nun lugar e estas ben alí, non é lóxico que cambies de sitio, e "mudes" todo o pobo cara outro lugar descoñecido, son moitos os riscos que hai que correr durante o camiño ate encontrar un lugar donde establecerse, asi que os suevos debian ter unha boa razon para marchar de onde estaban.
E a tiñan.
No 411 chegaron varias oleadas de pobos xermanicos, porque habian sido violentamente expulsados das súas terras polos Hunos (quiza os sone o nome de Atila). Despois de ser expulsados, vagaron por distintas terras de Europa cara ó occidente, pero ninguan era adecuada para eles, ou xa estaba ocupada por outros pobos. Ata que chegaron á actual Galicia. Aquí descubriron unhas terras poboadas de xente pacifica, onde se instalaron comodamente e sen ningun problema. Viviron aqui pacificamente dende o 411 ata o 585, cando foron sometidos polos Visigodos

Época oscura dos suevos.

Alguna vez intentachedes buscar informacion acerca dos Suevos? por si nunca o intentachedes, non creo que vos sirva de moito buscar, pois a época na que os suevos estiveron na península, é unha das máis escuras da nosa historia. Non é escura porque pasaran cousas malas, houbese moitas guerras nin nada diso, senón todo o contrario, foi unha época sen grandes cambios, unha época de paz.
Hay informacion de cando chegaron e de cando se foron, pero que fixeron mentres estaban aqui?
É raro que non se sepan os nomes dos reis que reinaron nunha determinada época, pois dos suevos, só sabemos un puñado deles, os que libraron algunhas batallas importantes como Requiario e a batalla do río Órbigo no 456.
Pero a partir do 469 e ata o 558 hai unha laguna historica impresionante, debido á escaseza de fontes. Só consta o nome do rey Teodemundo.
¿Que farian os suevos durante este periodo? Ninguén o sabe, pero non puido pasar nada importante, porqe qedaria constancia de eso, simplemente foi unha época de gran traquilidade e calma, sen ningun sobresalto e sen enfrontamentos, e ao fin e ao cabo.. ¿non é iso o que todos desexamos, vivir a nosa vida sen que ninguen nos moleste?