domingo, 8 de enero de 2012

A "mudanza" dos Suevos.

¿Porque viñeron aquí os Suevos?
Creo que é unha pregunta bastante interesante, posto que, se ti vives nun lugar e estas ben alí, non é lóxico que cambies de sitio, e "mudes" todo o pobo cara outro lugar descoñecido, son moitos os riscos que hai que correr durante o camiño ate encontrar un lugar donde establecerse, asi que os suevos debian ter unha boa razon para marchar de onde estaban.
E a tiñan.
No 411 chegaron varias oleadas de pobos xermanicos, porque habian sido violentamente expulsados das súas terras polos Hunos (quiza os sone o nome de Atila). Despois de ser expulsados, vagaron por distintas terras de Europa cara ó occidente, pero ninguan era adecuada para eles, ou xa estaba ocupada por outros pobos. Ata que chegaron á actual Galicia. Aquí descubriron unhas terras poboadas de xente pacifica, onde se instalaron comodamente e sen ningun problema. Viviron aqui pacificamente dende o 411 ata o 585, cando foron sometidos polos Visigodos

No hay comentarios:

Publicar un comentario