martes, 29 de noviembre de 2011

Lenda da fundacion de Roma.

Logo da Guerra de Troia, Eneas, un príncipe troyano que sobreviviu á destrución da súa cidade, refuxiouse coa súa familia na chaira do Lacio. Algúns anos despois o seu fillo, Ascanio, fundou a cidade de Alba Longa.
Catro séculos máis tarde, uns dos reis de Alba Longa, Numitor, foi destronado polo seu irmán menor Amulio. Para garantir a súa seguridade, o usurpador matou a todos os fillos homes do seu irmán e obrigou á súa sobriña, Rhea Silvia, a facerse sacerdotisa. Pero o deus Marte fíxoa nai dos xemelgos Romulo e Remo. Amulio, enfurecido, ordenou que os nenos fosen arroxados ás augas do Río Tiber. Pero a canastra na que foran depositados quedou varada na beira e unha loba atopou aos irmáns e aleitounos. Máis tarde foron recollidos polo matrimonio de pastores Fáustulo e Aca Larentia.


Estes, xa de maiores, cando coñeceron a súa orixe, provocaron unha revolta e quitaron ao usurpador Amulio do trono pondo no seu lugar ao seu avó Numitor. Os irmáns deciden irse a outras lareiras a fundar unha nova cidade. Mentres Remo quería construír a cidade no monte avenino Rómulo quería que fose no monte palantino (a uns 800 metros ao norte), así que deciden consultar aos deuses e pola noite subíronse a cada un dos montes a esperar un sinal divino. Remo vió pasar a 6 aguias pero Rómulo veu 12. E a partir de aquí os historiadores teñen varias versións.
Version 1: Remo dixo que aínda que só habia visto 6 aves as súas habian pasado primeiro e el era o gañador. Claro, o seu irmán non estaba de acordo, discutiron e Rómulo matou a Remo. Entón empezou a construír as murallas da cidade no monte palantino, sobre a que ía gobernar e que na súa honra chamou Roma.
Version 2: Remo acepta (aínda que a desgana), seguindo unha tradición etrusca collen dúas bueyes brancos con arado e escavan un asuco sobre o cal construíron as murallas da cidade xurando matar a quenquera que as cruzase. Remo, algo encabuxado pola derrota, dixo que eran fráxiles e derrubou un anaco dun puntapié e Rómulo, fiel á promesa, matoulle.
Version 3:Remo acepta, Rómulo marca cun arado conducido por un boi branco os límites da cidade xurando matar a quen os atravesase. Remo desafia ao seu irmán cruzando os límites e Rómulo mátao.

E velaquí a historia de Rómulo e Remo con respecto á fundación de Roma. Por suposto todo o que se conta foi unha invención dos primeiros romanos para dar á creación de Roma unha tinguidura máis 'importante'. Os romanos sempre se sentiron atraidos cara á cultura grega, de feito colleron gran parte dos seus deuses, e quixeron vincular a fundación da súa cidade ao feito máis importante dos gregos, a conquista de Troia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario