lunes, 7 de noviembre de 2011

Fogueiras de San Xoán en Galicia

Dise que nesa noite máxica comunícanse o mundo de máis ala con o real. É o momento de espantar ós malos espíritos: En San Xoán meigas e bruxas fuxirán.
En toda Galicia celébrase dende tempos inmemoriables o San Xoán, ligado a ritos de fertilidade e purificación. Toda Galicia arde esa noite. Levántense fogueiras en cada casa, cada parroquia e cada barrio. A vista dende o aire é de miles de diminutos puntos repartidos por todo o territorio.
As fogueiras encéndense chegado o día 24 (pasada a media noite). Se lle atribúe protección e boa sorte ao feito de saltar 9 veces unha fogueira esa noite (segundo as pobacións ese número varía)
É importante mencionar as fogueiras na Illa de Arousa, que cada ano en este solsticio encéndense máis de 50 fogueiras no lugar, cun ambiente festivo, as preciosas praias de area branca chéanse de xente á alaranxada luz do lume.
Pola noite recóllense plantas aromáticas de varias clases que se deixan en auga para lavarse a mañá seguinte; atribúenselle propiedades terapéuticas e limpadoras. Facer debuxos ou manchas esa noite tamén tiña un carácter clarividente, e tamén nese sentido, deitarse cun feixe de herbas de San Xoán facía que ao día espertarse soubésese a identidade da futura parella.
Ademais, na cidade da Coruña, a festa logrou o mérito de ser considerada como Festa de Interese Turístico Nacional. A cidade enteira sae á rúa a festexar a súa noite máis máxica, podendo atopar fogueiras en todos os barrios da Coruña, sendo de especial relevancia a gran concentración de xente nas praias de Riazor e Orzán, en pleno corazón da cidade. Os coruñeses celebran a chegada do verán con multitude de fogueiras, sardiñadas e bo ambiente nunha festa que cada ano atrae un maior número de turistas, principalmente nacionais, que ven atraídos por esta atmosfera festiva, polas verbenas e os fogos artificiais que se lanzan desde a chaira das Escravas.
A comida típica desa tarde-noite son os cachelos (patacas asadas coa súa pel, que se retira logo) e as sardiñas asadas. A bebida típica é a "Queimada", poción máxica de augardente con froitas e moito azucre que se queima nunha marmita e recítase un feitizo durante a preparación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario