martes, 24 de abril de 2012

Visita de Isabel II a Ferrol.

Hola, chámome Lucía e teño 9 anos. Hoxe estoy moi emocionada, porque a mismísima Isabel II ven a visitarnos á Ferrol! O podedes creer? A min cando miña nai anuncioume a noticia costoume moito asimilala.
Miña nai está tan contenta coma min, pero a meu pai... non lle agrada moito esta visita. Pregunteille a miña nai porque papá estaba tan enfadado y non se alegrara ao sabelo, e me dixo que era porque meu pai non simpatizaba coa monarquía, que era republicano. A min eso dame igual, tanto me ten se son republicanos ou monárquicos! O que de verdade me importa é que hoxe non temos clase, porque todos iremos a ver á raíña, ademáis toda a vila está de festa! Parece que vivimos noutra vila, Ferrol púxose de gala para recibir a Isabel, a praza maior está preciosa, toda chea de flores!
Ademáis posiblemente, se Isabel queda contenta coa nosa vila, prometeunos que a convertiría en cidade, EN CIDADE!! A min faríame moita ilusión que Ferrol fose unha cidade, moita moitísima ilusión. Así que, se Isabel queda contenta con nós e converte a nosa vila en cidade.. será a miña raíña favorita de tódolos tempos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario