lunes, 23 de abril de 2012

Manuel Blanco, o lobishome.


Retrato de Manuel Blanco
 En Galicia a tradición sinala que se un matrimonio ten sete ou nove fillos homes sen que nacese ningunha muller polo medio, o último queda marcado polo estigma da fada, converténdose en lobishome.Un dos casos máis coñecidos de lobishome foi Manuel Blanco Romasanta, o home lobo de Allariz.

Era o sétimo fillo da familia. Era xastre de profesión, pero a súa vida cambiou radicalmente cando quedou viúvo. A partir dese momento dedicouse á venda ambulante, primeiro pola comarca de Allariz - Maceda e máis tarde por toda Galicia.Comezou a estenderse o rumor de que vendía unto de graxa humana e que, polo tanto, era un criminal. Foi acusado do asasinato dun alguacil. Xulgado e condenado, conseguiu fuxir, e estivo agochado durante meses. Nese tempo fóronse sucedendo en Galicia unha serie de asasinatos que, aínda que diferentes na técnica, gardaban semellanzas entre si.Foi capturado en setembro de 1852 en Nombela (Toledo) e xulgado en Allariz. Durante o xuízo recoñeceu que matara nove persoas. Ao parecer, empregaba as mans e os dentes para asasinar as vítimas, e comía os restos. De feito, a tipoloxía das feridas infrinxidas ás vítimas (trabadas con fondas marcas dos dentes, fixo que o consideraran un lobishome. El mesmo confesou que fora vítima dunha maldición cando era mozo e que tiña alucinacións nas que se vía arrodeado de lobos logo dos seus asasinatos.O xuízo contra o lobishome durou aproximadamente un ano, e o 6 de abril de 1853 o xuíz de Allariz emitiu unha sentenza de morte que o condenaba a garrote e a unha indemnización de 1.000 reais por vítima. Ao pouco de asinarse a sentenza un hipnólogo francés que coñecía o caso pediulle ao ministro de Graza e Xustiza que abolise a aplicación da pena e que lle permitise tratar o caso. O hipnólogo argumentaba que Manuel Blanco padecía unha enfermidade mental monomaníaca chamada licantropía, e quería estudalo. En paralelo, os avogados da defensa conseguiron que a raíña Sabela II lle conmutase a pena por cadea perpetua alegando que non existían máis probas cá súa propia confesión.Hipótesis sobre su muerte:

-Hasta el 2009 se creía que Romasanta había muerto en 1854, en la prisión de Allariz en la que cumplía condena.

-El 30 de mayo de 2009, en un documental de tvg Europa se sopesaba la posibilidad de que hubiera muerto en otro lugar y se apuntaba al castillo de San Antón.

-En 2011 en las Xornadas Manuel Blanco Romasanta celebradas en Allariz a finales de octubre los investigadores orensanos Cástor y Félix Castro Vicente presentaron pruebas (diversos recortes de prensa de la época) que aseguraban que Romasanta falleció en una cárcel de Ceuta de un cáncer de estómago en 1863.

No hay comentarios:

Publicar un comentario