lunes, 23 de abril de 2012

PEPA A LOBA.


Pepa a Loba, a máis lendaria bandoleira de Galicia. As súas andanzas transcorren na segunda metade do século XIX.

Pepa a Loba é unha bandoleira mítica. É o prototipo de muller fera, como o seu sobrenome indica. Percorreu todas as comarcas de Galicia. Ás veces preséntase cruel e sanguinaria, outras como bandoleiro bo que axuda aos pobres. Cóntanse centos de historias das súas andanzas e famosa é a súa frase: "Home morto non fala"

É posible que esta sexa a súa historia, aínda que hai dúbidas sobre a sua existencia. Tamén se baralla a posibilidade da autoría múltiple, que houbese máis dunha Pepa Loba. Desta maneira, unha primeira bandida levaría este alcume, e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou ben serían coñecidas pola mesma denominación. Iso podería explicar a cantidade de referencias á existencia de Pepa a Loba que se dan por toda Galicia.


Non se sabe con certeza o lugar de nacemento, uns defenden que viu a luz na parroquia de Couso en 1835 (A Estrada) outros en Amoedo, nunha pobre casa onde non había nada, nin cama para durmir. A súa nai , coñecida como "A Falucha", queríaa e consentía e compartían o que tiñan, que era moi pouco. De pai descoñecido aínda que o pobo pensaba que era filla do irmán do tendero do pobo.
Cando aínda era unha nena comezou a traballar no campo e tamén coidando as ovellas da súa tía Dorinda, e foi nesta etapa da súa vida cando se gaña o sobrenome de "Pepa a Loba" xa que nunha ocasión enfróntase a paus cun lobo que atacou o seu rabaño.
"Pepiña", que así era coñecida na aldea, enfrontouse ao lobo cun pau e o seu fiel can saíu en defensa da nena matando o lobo nun cruel combate. A nena quedou ferida e o nobre sabuxo axudoulle a chegar á aldea.
Neste ambiente rural transcorre a infancia de Pepa e, cando chega á mocidade, Pepa a Loba sofre o que ía marcar o resto da súa vida. A súa nai A Falucha é violada na súa casa por un descoñecido e queda embarazada. Pepa que se atopaba na casa presencia a violación. Nove meses despois a súa nai morre no parto e tamén o bebé.
Faise cargo dela a súa tía Dorinda que a obriga a mendigar por feiras e mercados ademais de traballar no campo e coidar as súas ovellas e cabras. Despois dun tempo Dorinda métea a vivir co tendero do pobo coa esperanza de que sexa a súa querida e conseguir así algún pago por parte do comerciante.
Pero o tendero cóllelle agarimo e adóptaa como filla. Contrata a un estudante para que se ocupe da súa formación. Despois sucede que os dous mozos namóranse e fanse noivos. O tendero fai testamento a favor de Pepa e, ao pouco tempo, aparece asasinado cun coitelo de cociña cravado no peito. O seu noivo resultou exculpado, pero Pepa foi encarcerada e tras o xuízo condenada a cadea perpetua.
O pobo sospeitaba, con todo, que o crime o cometeu o irmán do tendero, ao que tamén se consideraba o pai de Pepa. Este erro da xustiza fai permanecer a Pepa no cárcere de Pontevedra durante moito tempo, convertendo a esta muller nunha persoa chea de rencor e cuns enormes desexos de vinganza. Na prisión pide o auxilio espiritual do capelán do cárcere. Cando están sós golpéao e escápase vestida de cura.
Despois disfrázase de home e sae de Pontevedra. A súa obsesión era vingarse do Albeite, o irmán do tendero e o seu suposto pai. Cunha pistola e o seu fiel can "Lueiro", dirixiuse a Couso. Alí ameazouno e fixo que o seu can o matase. Era o primeiro crime de Pepa a Loba. Despois márchase ao monte a vivir, onde forma unha banda de bandoleiros cos que realiza numerosos roubos, crimes e asaltos.
A provincia de Pontevedra é, principalmente, o seu escenario de actuacións pero tamén realizou asaltos noutras provincias galegas. Coa súa cuadrilla de bandoleiros asalta aos camiñantes , tamén os pazos, casas fortes, reitorais(casas dos curas). Entre os ricos e tamén entre os campesiños galegos hai quen a teme e outros que a admiraban, pois senten identificados, en certa maneira, con ese espírito rebelde de campesiña azoutada pola miseria, a inxustiza e a crueldade. E así comeza a forxarse unha lenda que aínda séguese transmitindo en moitos dos lugares que a famosa bandoleira frecuentaba.


El pueblo forjó una leyenda sobre esta famosa bandolera, y existe muy poca documentación sobre su vida. La mayoría de los relatos se deben a la tradición oral que se ha ido trasmitiendo de generación en generación.




No hay comentarios:

Publicar un comentario