miércoles, 15 de febrero de 2012

O camiño.

Levabamos dias camiñando cando divisamos unha aldea ao lonxe. Todo parecia moi tranquilo, pero nos deu igual, pois levabamos moitos dias de viaxe e estabamos moi cansos!
Cando traspasamos as murallas da cidade o panorama foi desolador.. eu o describiria en duas palabras:  DEVASTACIÓN e MORTE. Os cadaveres estaban tirados polas rúas, ninguen quería acercarse a enterralos sequera, por medo ao contaxio.
A cidade estaba situada ao lado dunha gran brecha no chan, e se queriamos cruzala, a tiñamos que cruzar por unha ponte. A única ponte estaba á outra punta da cidade. Decidimos correr o resgo e cruzar a cidade.
Todo foi moi rápido, comezamos a correr coa boca pechada e tapada cun trapo, intentando non mirar ao noso arredor, pero era imposible, as imaxes dos mortos atraian a miña vision.. pero ainda era peor ver aos enfermos, aos que habian tirado á rúa e estaban contaxiados, afogandose nos seus propios vómitos e con manchas negras por todo o corpo, esos te chamaban, te pedian axuda, pero ti xa non podias facer nada por eles.. xa estaban mortos..
Cruzamos enseguida a cidade e a ponte, e proseguimos o noso camiño, pero sen poder quitar esas imaxes da nosa cabeza.
Derrepente vimos un grupo de xente, viñan en direccion contraria pero alomellor poderian dicirnos se sabian de algún sitio seguro onde a peste non houbera chegado.. ao fin e ao cabo era o que buscabamos todos.. SEGURIDADE! pero era algo que ninguen atopaba..
Cando meu pai acercouse un poco a eles para preguntarlles, comezaron a tirarlle pedras, creian que estaba infectado! como podian creer iso de meu pai! estaban todos tolos! Nós nos afastamos rapidamente do seu camiño, e seguimos o noso. Durante o resto do dia nos encontramos a mais xente, pero non se nos ocorreu acercarnos, porque podian pensar que estabamos contaxiados e ademas, tamen decidimos que non deixariamos que ninguen se acercase a nos, pois podia traer a enfermidade!
Eramos só os tres, mama, papa e mais eu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario