miércoles, 15 de febrero de 2012

Despedida.

Seguimos deambulando asi polo mundo durante un tempo mais, intentando evitar os núcleos de poboaciosn, que era onde máis probabilidade de contaxio había. Pero había veces que necesitabamos entrar nas cidades, pois as nosas provisions non eran eternas, e se acababan moi pronto..
Creo que foi nunha desas veces cando mama se contaxiou.. eu xa me habia dado conta de que cada dia estaba mais cansa, mais do normal, pero non me din conta de todo ata que comezaron a sairlle as manchas negras, chorei moito cando lle vin a primeira. Pero meu pai tranquilizoume, había xente que sobrevivia a peste! moi poca, iso é certo, pero algunha si.. asique intentariamos curar a mama!
Establecimos o campamento durante tempo indefinido ao lado dun rio, e lle preparamos a mama unha cama moi comoda, a mellor de todas! Papa a cuidaba con esmero a todas horas, pero cada dia parecia estar peor, saianlle bultos por todo o corpo, meu pai os intentaba extirpar, pero pronto nacian noutros lugares..
Ela xa perdera totalmente a esperanza de curarse e sobrevivir pero nós insistiamos e a cuidabamos con esmero.
Ata que un dia nos obligou a marcharnos, se nos quedabamos mais, nos contaxiariamos, e ela xa estaba morta.. non habia nada que facer.. chorei moito o dia que a deixamos ali, moribunda.. ela pediunos que a apoiaramos contra unha árbore, e asi o fixemos, pero foi moi duro para os dous abandoala asi..
Agora xa só eramos dous!

No hay comentarios:

Publicar un comentario