martes, 20 de marzo de 2012

Guerra de sucesión española-


Guerra que enfrontou a Felipe de Borbón, co Archiduque Carlos de Austria, pola posesión do trono español tras a morte sen descendencia de Carlos II de Habsburgo. Felipe de Borbón era apoiado por Francia e parte de España fiel a el. O Archiduque Carlos, en cambio, era apoiado polo Reino Unido, o Imperio Austríaco, Holanda, Portugal, parte de España e outros Estados menores. Unha das principais causas desta guerra, radica no medo das potencias europeas a unha alianza entre Francia e España, que podería materializarse se Felipe de Borbón subise ao trono español. Finalmente, a guerra concluíu coa vitoria do candidato Borbón, e a aceptación deste polas outras potencias europeas coa firma do Tratado de Utrecht, que, entre outras cousas,  impedía unha unión dinástica entre España e Francia, disipando os medos que anteriormente supuxeran a oposición de boa parte das potencias europeas a Felipe de Borbón, á vez que recoñecían a este como rei de España.


No hay comentarios:

Publicar un comentario