martes, 20 de marzo de 2012

A bandeira de Galicia.

O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe.
O timbre, coroa real, forrada de gules, ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito florones de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumadas de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro.

O motivo de que o escudo conteña sete cruces correspóndese coa anterior división provincial dos territorios galegos do antigo Reino de Galicia. O sete provincias eran: Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña (este tres últimas de igual nomee que as actuais, aínda que non cos mesmo límites). Destas sete, Mondoñedo atópase actualmente dentro da provincia de Lugo; Tui dentro da provincia de Pontevedra; Santiago, a actual capital de Galicia, e a da cidade de Betanzos (que se identificaba independente e politicamente como un enclave diferenciado do resto) forman parte da actual provincia da Coruña. A cada antigo territorio correspondíalle unha cruz. O santo graal no centro, representa o privilexio excepcional da catedral de Lugo de mostrar publicamente a Hostia ou corpo de Cristo.
Tras a nova división territorial de España en 1833 as provincias galegas modificaron o seu número e límites, quedando conformada Galicia no catro actuais.
Ainda que tamén hai xente que pensa que as múltiples cruces que acompañan ao Santo Graal na bandeira do Reino Galego foron engadidas no século XVI como ornamento para completar o espazo baleiro ao redor do Graal. Orixinalmente, o número de cruces representado foi 6 -tres a cada lado da copa- que sumaban un total de 7 contando a cruz na que terminaba a caixa do Graal. Estas 6 cruces aparecen tamén baixo forma de estrelas (símbolo das Igrexas Galegas de Lugo, Iria, Britonia, Tui, Ourense e Astorga) ou cunchas (Escudo de Coruña). A partir do século XVII desapareceu a caixa do Graal pero a cruz na que terminaba a caixa conservouse e sumouse ao resto das cruces que rodean a copa. Posteriormente, algún autor identificou o sete cruces coas cidades do antigo Reino de Galicia. Tal afirmación é incorrecta. As cruces que rodean ao Santo Graal non foron creadas con ningunha simboloxía provincial senón por simples motivos decorativos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario