martes, 24 de abril de 2012

Visita de Isabel II a Ferrol.

Hola, chámome Lucía e teño 9 anos. Hoxe estoy moi emocionada, porque a mismísima Isabel II ven a visitarnos á Ferrol! O podedes creer? A min cando miña nai anuncioume a noticia costoume moito asimilala.
Miña nai está tan contenta coma min, pero a meu pai... non lle agrada moito esta visita. Pregunteille a miña nai porque papá estaba tan enfadado y non se alegrara ao sabelo, e me dixo que era porque meu pai non simpatizaba coa monarquía, que era republicano. A min eso dame igual, tanto me ten se son republicanos ou monárquicos! O que de verdade me importa é que hoxe non temos clase, porque todos iremos a ver á raíña, ademáis toda a vila está de festa! Parece que vivimos noutra vila, Ferrol púxose de gala para recibir a Isabel, a praza maior está preciosa, toda chea de flores!
Ademáis posiblemente, se Isabel queda contenta coa nosa vila, prometeunos que a convertiría en cidade, EN CIDADE!! A min faríame moita ilusión que Ferrol fose unha cidade, moita moitísima ilusión. Así que, se Isabel queda contenta con nós e converte a nosa vila en cidade.. será a miña raíña favorita de tódolos tempos!

lunes, 23 de abril de 2012

PEPA A LOBA.


Pepa a Loba, a máis lendaria bandoleira de Galicia. As súas andanzas transcorren na segunda metade do século XIX.

Pepa a Loba é unha bandoleira mítica. É o prototipo de muller fera, como o seu sobrenome indica. Percorreu todas as comarcas de Galicia. Ás veces preséntase cruel e sanguinaria, outras como bandoleiro bo que axuda aos pobres. Cóntanse centos de historias das súas andanzas e famosa é a súa frase: "Home morto non fala"

É posible que esta sexa a súa historia, aínda que hai dúbidas sobre a sua existencia. Tamén se baralla a posibilidade da autoría múltiple, que houbese máis dunha Pepa Loba. Desta maneira, unha primeira bandida levaría este alcume, e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou ben serían coñecidas pola mesma denominación. Iso podería explicar a cantidade de referencias á existencia de Pepa a Loba que se dan por toda Galicia.


Non se sabe con certeza o lugar de nacemento, uns defenden que viu a luz na parroquia de Couso en 1835 (A Estrada) outros en Amoedo, nunha pobre casa onde non había nada, nin cama para durmir. A súa nai , coñecida como "A Falucha", queríaa e consentía e compartían o que tiñan, que era moi pouco. De pai descoñecido aínda que o pobo pensaba que era filla do irmán do tendero do pobo.
Cando aínda era unha nena comezou a traballar no campo e tamén coidando as ovellas da súa tía Dorinda, e foi nesta etapa da súa vida cando se gaña o sobrenome de "Pepa a Loba" xa que nunha ocasión enfróntase a paus cun lobo que atacou o seu rabaño.
"Pepiña", que así era coñecida na aldea, enfrontouse ao lobo cun pau e o seu fiel can saíu en defensa da nena matando o lobo nun cruel combate. A nena quedou ferida e o nobre sabuxo axudoulle a chegar á aldea.
Neste ambiente rural transcorre a infancia de Pepa e, cando chega á mocidade, Pepa a Loba sofre o que ía marcar o resto da súa vida. A súa nai A Falucha é violada na súa casa por un descoñecido e queda embarazada. Pepa que se atopaba na casa presencia a violación. Nove meses despois a súa nai morre no parto e tamén o bebé.
Faise cargo dela a súa tía Dorinda que a obriga a mendigar por feiras e mercados ademais de traballar no campo e coidar as súas ovellas e cabras. Despois dun tempo Dorinda métea a vivir co tendero do pobo coa esperanza de que sexa a súa querida e conseguir así algún pago por parte do comerciante.
Pero o tendero cóllelle agarimo e adóptaa como filla. Contrata a un estudante para que se ocupe da súa formación. Despois sucede que os dous mozos namóranse e fanse noivos. O tendero fai testamento a favor de Pepa e, ao pouco tempo, aparece asasinado cun coitelo de cociña cravado no peito. O seu noivo resultou exculpado, pero Pepa foi encarcerada e tras o xuízo condenada a cadea perpetua.
O pobo sospeitaba, con todo, que o crime o cometeu o irmán do tendero, ao que tamén se consideraba o pai de Pepa. Este erro da xustiza fai permanecer a Pepa no cárcere de Pontevedra durante moito tempo, convertendo a esta muller nunha persoa chea de rencor e cuns enormes desexos de vinganza. Na prisión pide o auxilio espiritual do capelán do cárcere. Cando están sós golpéao e escápase vestida de cura.
Despois disfrázase de home e sae de Pontevedra. A súa obsesión era vingarse do Albeite, o irmán do tendero e o seu suposto pai. Cunha pistola e o seu fiel can "Lueiro", dirixiuse a Couso. Alí ameazouno e fixo que o seu can o matase. Era o primeiro crime de Pepa a Loba. Despois márchase ao monte a vivir, onde forma unha banda de bandoleiros cos que realiza numerosos roubos, crimes e asaltos.
A provincia de Pontevedra é, principalmente, o seu escenario de actuacións pero tamén realizou asaltos noutras provincias galegas. Coa súa cuadrilla de bandoleiros asalta aos camiñantes , tamén os pazos, casas fortes, reitorais(casas dos curas). Entre os ricos e tamén entre os campesiños galegos hai quen a teme e outros que a admiraban, pois senten identificados, en certa maneira, con ese espírito rebelde de campesiña azoutada pola miseria, a inxustiza e a crueldade. E así comeza a forxarse unha lenda que aínda séguese transmitindo en moitos dos lugares que a famosa bandoleira frecuentaba.


El pueblo forjó una leyenda sobre esta famosa bandolera, y existe muy poca documentación sobre su vida. La mayoría de los relatos se deben a la tradición oral que se ha ido trasmitiendo de generación en generación.




Martires de Carral

Se coñece como os Martires de Carral aos militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez.

¿Porque se sublevaron?
Durante o reinado de Isabel II, a Década Moderada foi un período no que o Partido Moderado exerceu o control do réxime político, desenvolvendo unha versión conservadora do liberalismo. O xeneral Narváez foi o home forte da década, caracterizada polo recorte das liberdades e os dereitos, así como pola centralización administrativa.
O 2 de abril de 1846 sublevouse en Lugo o segundo batallón do Zamora, dirixindo a sublevación o coronel Miguel Solís, o cal proclamou a disolución do Consello Provincial e a Deputación. Cando a situación xa estaba baixo o control dos insurrectos en Lugo, Solís dirixiuse aos seus soldados. Aquí está o final do seu discurso:

Gallegos: españoles todos: ¡Viva la Reina libre!, ¡Viva la Constitución!, ¡Fuera extranjeros!, ¡Abajo el Dictador Narváez, ¡Abajo el sistema tributario!

¿Triunfou a sublevación?
O xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia.
Solís refuxiouse nun primeiro momento en San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo, sen que se escribise sobre as súas tumbas inscrición ningunha. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria". Naceron así os Mártres de Carral e, para todos os efectos, este alzamento contra a opresión central considérase o espertar do galeguismo e a reafirmación dunha identidade perfectamente diferenciada do resto da península. A partir de aquí, comezou a manifestarse un pensamento, unha cultua e un sentimento eminentemente galeguista, do cal os máximos representantes non tardaron moito en tomar relevancia.                                                       Como símbolo desta batalla de Cacheiras, aparecen no escudo de Teo dous sabres cruzados sobre a ponte, na parte media do mesmo.


Monumento aos mártires de Carral

Manuel Blanco, o lobishome.


Retrato de Manuel Blanco
 En Galicia a tradición sinala que se un matrimonio ten sete ou nove fillos homes sen que nacese ningunha muller polo medio, o último queda marcado polo estigma da fada, converténdose en lobishome.Un dos casos máis coñecidos de lobishome foi Manuel Blanco Romasanta, o home lobo de Allariz.

Era o sétimo fillo da familia. Era xastre de profesión, pero a súa vida cambiou radicalmente cando quedou viúvo. A partir dese momento dedicouse á venda ambulante, primeiro pola comarca de Allariz - Maceda e máis tarde por toda Galicia.Comezou a estenderse o rumor de que vendía unto de graxa humana e que, polo tanto, era un criminal. Foi acusado do asasinato dun alguacil. Xulgado e condenado, conseguiu fuxir, e estivo agochado durante meses. Nese tempo fóronse sucedendo en Galicia unha serie de asasinatos que, aínda que diferentes na técnica, gardaban semellanzas entre si.Foi capturado en setembro de 1852 en Nombela (Toledo) e xulgado en Allariz. Durante o xuízo recoñeceu que matara nove persoas. Ao parecer, empregaba as mans e os dentes para asasinar as vítimas, e comía os restos. De feito, a tipoloxía das feridas infrinxidas ás vítimas (trabadas con fondas marcas dos dentes, fixo que o consideraran un lobishome. El mesmo confesou que fora vítima dunha maldición cando era mozo e que tiña alucinacións nas que se vía arrodeado de lobos logo dos seus asasinatos.O xuízo contra o lobishome durou aproximadamente un ano, e o 6 de abril de 1853 o xuíz de Allariz emitiu unha sentenza de morte que o condenaba a garrote e a unha indemnización de 1.000 reais por vítima. Ao pouco de asinarse a sentenza un hipnólogo francés que coñecía o caso pediulle ao ministro de Graza e Xustiza que abolise a aplicación da pena e que lle permitise tratar o caso. O hipnólogo argumentaba que Manuel Blanco padecía unha enfermidade mental monomaníaca chamada licantropía, e quería estudalo. En paralelo, os avogados da defensa conseguiron que a raíña Sabela II lle conmutase a pena por cadea perpetua alegando que non existían máis probas cá súa propia confesión.Hipótesis sobre su muerte:

-Hasta el 2009 se creía que Romasanta había muerto en 1854, en la prisión de Allariz en la que cumplía condena.

-El 30 de mayo de 2009, en un documental de tvg Europa se sopesaba la posibilidad de que hubiera muerto en otro lugar y se apuntaba al castillo de San Antón.

-En 2011 en las Xornadas Manuel Blanco Romasanta celebradas en Allariz a finales de octubre los investigadores orensanos Cástor y Félix Castro Vicente presentaron pruebas (diversos recortes de prensa de la época) que aseguraban que Romasanta falleció en una cárcel de Ceuta de un cáncer de estómago en 1863.

martes, 20 de marzo de 2012

A segunda armada invencible (lenda)

En Córdoba cóntase unha lenda acerca dunha segunda armada invencible enviada por Felipe II, que tivo un fin bastante  catastrófico. Esta segunda armada levaba ao mando algún personaxe ilustre de guerra, como Martín de Guayo, un soldado cordobés quen se gañou unha gran reputación en Flandes.


Mais de douscentos cordobeses enroláronse na armada dirixida por Martín de Guayo, e partiron desde Lisboa rumbo á Coruña, pero foron sorprendidos por unha terrible tormenta, que fixo que o navío se estrelase contra as rocas e fixésese pedazos, isto provocou que o capitán, obrigase a confesarse dos seus pecados a todos os tripulantes que todos os tripulantes e saltasen ás augas, para tentar salvar a súa vida a nado.

Dos mais de catrocentos homes que partiron de Lisboa, só cinco sobreviviron a aquela noite, o capitán Martín atopábase entre eles, así se puxo fin á segunda armada invencible.

**Sei que esta entrada non ten que ver directamente coa historia de Galicia, pero pareceume interesante, pois non sabía desta lenda e a poño aqui porque ten relación coa primeira armada invencible.

Guerra de sucesión española-


Guerra que enfrontou a Felipe de Borbón, co Archiduque Carlos de Austria, pola posesión do trono español tras a morte sen descendencia de Carlos II de Habsburgo. Felipe de Borbón era apoiado por Francia e parte de España fiel a el. O Archiduque Carlos, en cambio, era apoiado polo Reino Unido, o Imperio Austríaco, Holanda, Portugal, parte de España e outros Estados menores. Unha das principais causas desta guerra, radica no medo das potencias europeas a unha alianza entre Francia e España, que podería materializarse se Felipe de Borbón subise ao trono español. Finalmente, a guerra concluíu coa vitoria do candidato Borbón, e a aceptación deste polas outras potencias europeas coa firma do Tratado de Utrecht, que, entre outras cousas,  impedía unha unión dinástica entre España e Francia, disipando os medos que anteriormente supuxeran a oposición de boa parte das potencias europeas a Felipe de Borbón, á vez que recoñecían a este como rei de España.


A expulsion dos xudeus

A Inquisición española foi unha institución fundada en 1478 polos Reis Católicos para manter a ortodoxia católica nos seus reinos. A Inquisición española ten precedentes en institucións similares existentes en Europa desde o século XII, especialmente na fundada en Francia. A Inquisición española estaba baixo o control directo da monarquía. Non se aboliu definitivamente até 1834, durante o reinado de Isabel II. Pero a súa abolición foi aprobada nas cortes de Cádiz en 1812 por maioría absoluta.
A Inquisición, como tribunal eclesiástico, só tiña competencia sobre cristiáns bautizados. Durante a maior parte da súa historia, con todo, ao non existir en España nin nos seus territorios dependentes liberdade de cultos, a súa xurisdición estendeuse á práctica totalidade dos súbditos do rei de España.

A Inquisición e a expulsión dos xudeus en España
O 31 de marzo de 1492, apenas tres meses despois da conquista do reino nazarí de Granada, os Reis Católicos promulgaron o Decreto da Alhambra sobre expulsión dos xudeus de todos os seus reinos. Dábase aos súbditos xudeus de prazo até o 31 de xullo dese mesmo ano para elixir entre aceptar o bautismo e abandonar definitivamente o país, aínda que lles permitía levar todas as súas propiedades, sempre que non fosen en ouro, prata ou diñeiro. A razón dada para xustificar esta medida no preámbulo do edicto era a «recaída» de moitos conversos debido á proximidade de xudeus non conversos que os seducían e mantiñan neles o coñecemento e a práctica do xudaísmo.
Unha delegación de xudeus, encabezada por Isaac Abravanel, ofreceu unha alta compensación económica aos Reyes a cambio da revogación do edicto. Segundo cóntase, os Reyes rexeitaron a oferta por presións do *inquisidor xeral, quen irrompeu na sala e arroxou trinta moedas de prata sobre a mesa, preguntando cal sería esta vez o prezo polo que Jesús ía ser vendido aos xudeus. Á marxe da veracidade desta anécdota, si parece que a idea da expulsión procedeu da contorna da Inquisición.
A cifra dos xudeus que saíron de España non se coñece, nin sequera con aproximación. Os historiadores da época dan cifras elevadísimas (Juan de Mariana fala de 800.000 persoas, e Isaac Abravanel de 300.000). Con todo, as estimacións actuais reducen significativamente esta cifra (Henry Kamen estima que, dunha poboación aproximada de 80.000 xudeus, aproximadamente a metade -uns 40.000- optaron pola emigración7 ). Os xudeus españois emigraron principalmente a Portugal (de onde volverían ser expulsados en 1497) e a Marrocos. Máis adiante, os sefardíes, descendentes dos xudeus de España, establecerían florecentes comunidades en moitas cidades de Europa, como Ámsterdam, e o Norte de África, e, sobre todo, no Imperio otomán.
Os que quedaron engrosaron o grupo de conversos que eran o obxectivo predilecto da Inquisición. Dado que todo xudeu que quedaba nos reinos de España fora bautizado, se continuaba practicando a relixión xudía, era susceptible de ser denunciado. Posto que no lapso de tres meses producíronse numerosísimas conversións -unhas 40.000, se se acepta a cifra de Kamen- pode suporse con lóxica que gran parte delas non eran sinceras, senón que obedecían unicamente á necesidade de evitar o decreto de expulsión.
O período de máis intensa persecución dos judeoconversos durou até 1530; desde 1531 até 1560, con todo, a porcentaxe de casos de judeoconversos nos procesos inquisitoriales baixou moi significativamente, até chegar a ser só o 3% do total. Houbo un rebrote das persecucións cando se descubriu un grupo de judaizantes, en 1588, en Quintanar de la Orden, e na última década do século XVI volveron aumentar as denuncias. A comezos do século XVII comezan a retornar a España algúns judeoconversos que se instalaron en Portugal, fuxindo das persecucións que a Inquisición portuguesa, fundada en 1532, estaba a realizar no país veciño. Isto tradúcese nun rápido aumento dos procesos a judaizantes, dos que foron vítimas varios prestixiosos financeiros. En 1691, en varios autos de fe, foron queimados en Mallorca 36 chuetas ou judeoconversos mallorquinos.Ao longo do século XVIII redúcese significativamente o número de judeoconversos acusados pola Inquisición. O último proceso a un judaizante foi o de Manuel Santiago Vivar, que tivo lugar en Córdoba en 1818.
Durante toda a historia os xudeus han sido expulsados en moitas ocasions, neste mapa podense observar os lugares de onde foron expulsados e os terrotorios onde se refuxiaron.